Visitas

2008/10/28

Mndns “emilios” sobr linwa. Tamén podes enviarnos correos ou falar connosco na rede: gnl_sanchezcanton@hotmail.com

MICRORRELATO

“A ela gustábanlle os animais. El prefería as persoas. Na tenda de animais domésticos, ao final decidíronse por un centauro”

Escribe un relato mínimo –non máis de dúas liñas- e entrégallo ao profesor de Lingua galega. Pódeche ter premio.

XIV CERTAME DE TARXETAS DE FELICITACIÓN DO NADAL

O Grupo de Normalización Lingüística, en colaboración co Departamento de Debuxo, convoca ao alumnado do Instituto Sánchez Cantón a participar neste décimo cuarto Certame que se rexe polas seguintes

BASES

1ª. As tarxetas deben ir a unha soa tinta e nelas ha figurar unha mensaxe escrita en lingua galega.

2ª. Valorarase a orixinalidade da mensaxe e do deseño.

3ª. Os traballos han ser orixinais e inéditos.

4ª. O tamaño da tarxeta ten que ser de 21 x 15 centímetros (metade do DIN A4).

5ª. Os orixinais han de se presentar en sobre pechado cun pseudónimo. No interior debe ir a tarxeta e mais outro sobre que contén un papel cos datos do participante (nome, apelidos, curso e grupo).

6ª. O prazo de presentación das tarxetas remata o día catorce de novembro de dous mil oito.

7ª. Pódense entregar os orixinais aos compoñentes do GNL e ao profesorado dos Departamentos de Debuxo e de Lingua Galega.

8ª. O xurado estará composto por membros do Departamento de Debuxo e mais do Grupo de Normalización Lingüística.

9ª. Concederase un primeiro premio e, a xuízo do xurado, unha ou varias distincións.

10ª. Todas as tarxetas participantes poden ser expostas nunha mostra. As gañadoras mesmo se poden reproducir.

como ves o instituto?Tes que exponer a túa visión e opinión sobre o teu instituto.

2008/10/20

Romance da lingua

O galego é o terceiro idioma no País Vasco

O galego é o terceiro idioma máis falado no País Vasco, despois do castelán e do vasco, segundo manifestou Xosé Estévez, profesor da Universidade de Deusto, nun acto organizado na cidade pola Fundación Galiza Sempre. Estévez referiu tamén un estudo sociolóxico, dirixido por Ruiz de Olabuenaga, que cualifica a emigración galega nesa nacionalidade histórica de «amable» e destaca que se trata dunha «comunidade integrada» e que «mantén as súas tradicións». Ese colectivo está conformado por 63.744 persoas, indicou Estévez, e moitas delas casaron no País Vasco.

Este coñecido historiador rememorou o pacto Galeuzca, firmado en Compostela por representantes galegos, vascos e cataláns hai 75 anos, o 25 de xullo de 1933. O documento orixinal, en galego, foi encontrado hai pouco na Universidade de Reno, nos Estados Unidos, entre as páxinas dun libro da biblioteca de Ramón Goñi, un alto cargo do PNV. Estévez salientou as repercusións daquela iniciativa até 1959, antes da guerra de 1936 e despois no exilio.