Visitas

2010/12/12

2010/11/15

Ano Pintos

Imos conmemorar o 200 aniversario do nacemento en Pontevedra de Xoán Manuel Pintos, autor de A gaita gallega en 1853, nos comezos do Rexurdimento.

2010/11/08

Viaxe a Vigo Literatura Galega do século XX

Os alumnos de 2º de bacharelato de Literatura Galega do século XX foron o pasado 28 de outubro a Vigo. Alí visitaron o Complexo Universitario de Vigo (CUVI)e o Museo das Palabras, Verbum. Aquí podemos ver unha das fotos que alí tiraron. Se queres ver máis visita o noso tuenti (http://www.tuenti.com/#m=Profile&func=index&user_id=67485601)

2010/10/07

2010/06/23

ENIGMA DA DUCIA DE MOEDAS E A BALANZA

SOLUCIÓN (ENIGMA NO CARTAFOL 2010):

Poñemos catro moedas nun prato e outras catro no outro. Se a balanza está en equilibrio, a máis pesada está entre as outras. Se non, xa sabemos en que prato está. Poñemos estas catro onde estaría a máis pesada en dous pratos, dúas a dúas. Xa sabemos en que prato está a máis pesada. Logo só queda facer unha nova pesada, unha a unha moeda en cada prato.

ENIGMA DO PRISIONEIRO E AS DÚAS PORTAS

SOLUCIÓN (ENIGMA NO CARTAFOL 2010):

Preguntando a calquera dos gardiáns: "Se lle pregunto ao outro gardián por cal porta teño que saír, que me respondería?" Calquera deles respondería indicando a falsa. Polo tanto, ten que saír pola outra porta, a contraria da sinalada nos dous casos.

ENIGMA DA COR DO OSO

SOLUCIÓN (ENIGMA NO CARTAFOL 2010):

A cor do oso é branca, porque é un oso polar. Por que?

Só pode regresar ao punto de partida no polo norte e dende calquera punto situado a 10 Km ao norte dos paralelos, para que volva ao punto de partida.

ENIGMA DOS TRES INTERRUPTORES

SOLUCIÓN (ENIGMA NO CARTAFOL 2010):

Acendes un deles, agardas un minuto e apágalo. Despois acendes outro e agardas de novo. Finalmente acendes o terceiro.

Tocas a bombilla. Se está fría e apagada, é o primeiro interruptor.
Se está quente e apagada, é o segundo.
Se está acesa a luz, é o terceiro.

2010/02/08

SON “TONTOS” OS GALEGOS?

Se buscamos no na edición virtual do dicionario da Real Academia Española (RAE) (www.rae.es) a palabra "gallego" atopamos distintas acepcións:
1. adj. Natural de Galicia.
2. adj. Perteneciente o relativo a esta comunidad autónoma de España.
3. adj. En Castilla, se dice del viento cauro o noroeste, que viene de la parte de Galicia.
4. adj. Ant., Arg., Col. y Ur. Dicho de una persona: Nacida en España o de ascendencia española.
5. adj. C. Rica. tonto (falto de entendimiento o razón).
6. adj. El Salv. tartamudo.

Pola contra, se buscamos catalán ou vasco, non atopamos tacaño ou bruto respectivamente, a pesar de que son termos moito máis empregados na lingua falada e coñecidos por todos en España, cando as acepcións de "tonto" e "tartamudo" do galego só se utilizan en América.

En 2013, cando se publique a vixésimo terceira edición do dicionario da RAE, será eliminado este sinónimo de galego, e en poucos meses será enmendado este erro na páxina web da RAE. Esta segue sostendo que é un termo empregado en Costa Rica, pero decidiu retiralo xa que non se atoparon documentos escritos sobre o seu uso.
Foi a asociación cultural Garipano quen organizou unha campaña de recollida de sinaturas en Internet para eliminar o seu uso do dicionario, a través da páxina web http://www.aproldalinguagalega.org . Tamén existen outras iniciativas. Unha das máis destacadas é a do BNG, que levou a cuestión ao Congreso a través dunha moción non de lei que instaba ao Goberno a que exisise á RAE que retirase as acepcións por vexatorias e estereotipadas.


Lorena Giráldez González

2010/01/18